Boas de novo!
O apartado de hoxe adicarémolo a falar da gamificación, unha tendencia que actualmante está moi en voga. Comezaremos ofrecéndovos unha breve explicación sobre que é a gamificación, continuaremos vendo as vantaxes que ten e as mecánicas que podemos empregar, para rematar deixarémosvos unha actividade de gamificación que nós mesmo deseñamos coa súa correspondente explicación.
Que é a gamificación?
Comezaremos entón dando unha breve explicación. Existen diferentes formas de definir a gamificación, Werbach e Hunter concretamente, defínena como o emprego de elementos dos xogos e técnicas do deseño de xogos en contextos que non son de xogos.
Para comprendelo mellor debemos saber que é un xogo. Este, segundo a definición que ofrece Borrás, consiste nunha estrutura pechada que contén un sistema explícito de regras que lles serven de guía aos participantes para chegar á meta e acadar un resultado concreto, ademais está illado do mundo real.
A gamificación, pola súa banda e segundo Foncubierta e Rodríguez, está baseada en contidos didácticos. Podemos dicir polo tanto que se empregan os elementos e os pensamentos do xogo para que as actividades platexadas sexan máis atractivas e motivantes.
Desta maneira podemos afirmar que a gamificación supón unir o concepto de ludificación e aprendizaxe. Así, o obxectivo principal da gamificación é potenciar os procesos de aprendizaxe baseándose no emprego do xogo, así como facilitar a cohesión, a integración e a motivación polo contido e fomentar a creatividade nos nenos e nenas.
Cales son as vantaxes da gamificación?
As vantaxes da gamificación son moi diversas.
- Motivación. Como xa comentamos anteriormente un dos obxectivos da gamificación é activar a motivación polo aprendizaxe nos alumnos e alumnas, e isto supón unha gran vantaxe nas aulas.
- Retroalimentación constante. Os participantes son xogadores e, polo tanto, son os principais protagonistas da actividade, tomarán as súas propias decisións, irán progresando e vendo recoñecidos os seus logros.
- Aprendizaxe significativa. A través da gamificación, os nenos e nenas van a desenvolver unha aprendizaxe máis significativa, a cal implica unha maior retención na memoria. Isto débese a que as diferentes actividades chaman a atención dos alumnos e alumnas, estimulándoos e permitindo que se xere dita aprendizaxe.
- Autonomía. Desta maneira podemos afirmar que os alumnos e alumnas van a ir gañando en autonomía, xa que van ter que ir superando diferentes retos e progresando no desenvolvementos das actividades propostas.
- Alfabetización dixital. Esta é outra das vantaxes que podemos destacar da gamificación. Isto débese a que o feito de aplicar as mecánicas de xogo nas tarefas escolares empregando as TIC permitirá mellorar as competencias, aumentar a motivación e a participación do alumnado.
Que mecánicas se deben empregar?
As mecánicas son as regras que teñen como obxectivo que os xogos que se levan acabo se poidan desfrutar, xerar un certo compromiso e ofrecer retos.
Así, as diferentes mecánicas que podemos empregar, seguindo o Informe Edutrens Gamificación, son as seguintes:
- Metas e obxectivos: Son desafíos, misións e retos. Preséntase un reto ou un problema que debemos resolver e que nos axudan a motivarnos.
- Liberdade de elixir: As rutas para chegar á meta. O/A xogador/a ten a liberdade de elixir as diferentes posibilidades para avanzar.
- Liberdade para equivocarse: Os xogadores son capaces de experimentar sen medo a equivocarse, foméntase o proceso de ensino-aprendizaxe a través do ensaio-error.
- Recompensas: Achegarse aos obxectivos do xogo a través destas recompensas.
- Retroalimentación: Indicar que se está preto a alcanzar o obxectivo.
Ao buscar proxectos de gamificación encontramonos con este que nos chamou moito a atención, xa que estaba basando nun escape room para infantil: https://hekademos.com/index.php/hekademos/article/view/17. Neste as crianzas teñen que superar unha serie de retos/actividades entre todos/as para poder saír. E a raíz deste proxecto nos decidimos levar a cabo esta proposta, que pode formar parte das actividades para un escape room educativo. Actividade proposta
A continuación poderedes acceder á actividade que nós mesmos deseñamos a través desta ligazón: Actividade proposta
Para comprender mellor a actividade que propoñemos ofrecémosvos unha pequena explicación.
En primeiro lugar expoñeremos un breve resumo da mesma. Esta actividade ten por título Animal á fuga! e consiste na presentación dunha serie de espazos naturais nos que viven diferentes animais, en cada un dos diferentes escenarios que se presentan hai un animal infiltrado que non debería atoparse nese paisaxe. Así, o que terán que facer os nenos e nenas será facer clic ou pulsar sobre aquel animal que se atope no lugar incorrecto.
Seguindo as Disposicións Xerais do Diario Oficial de Galicia sobre o currículo de Educación Infantil esta actividade encadraríase na Área do coñecemento do entorno e, máis concretamente, no Segundo Bloque denominado Aproximación á natureza. Este fai referencia, entre outras cousas, aos aprendizaxes relacionados co descubrimento e o coñecemento do mundo animal. Podemos afirmar que a actividade prosposta encadraríase no citado anteriormente porque un dos obxectivos principais é que os nenos e nenas saiban a que contexto natural pertencen os animais máis coñecidos.
E ata aquí as nosas aportacións sobre a gamificación. Espereamos que vos servira de axuda a información exposta e que vos gustase, tanto a vós como aos nenos e nenas, a actividade que deseñamos.
Ata outra!
Referencias bibliográficas
Romero Rodríguez, A., & Espinosa Gallardo, J. (2019). Gamificación
en el aula de Educación Infantil: un proyectop para aumentar la
seguridad en el alumnado a través de la superación de retos. Edetania, (56), 61-82.
Marín-Díaz, V. (2015). La Gamificación educativa. Una alternativa para la enseñanza creativa. Digital Education Review, (27).
DECRETO 330/2009, de 4 de junio, por el que se establece el currículo de la educación infantil en la Comunidad Autónoma de Galicia.
https://view.genial.ly/60968fad1c91810d0c689df8/interactive-content-xogo-animal-incorrectohttps://view.genial.ly/60968fad1c91810d0c689df8/interactive-content-xogo-animal-incorrecto
https://view.genial.ly/60968fad1c91810d0c689df8/interactive-content-xogo-animal-incorrecto
https://view.genial.ly/60968fad1c91810d0c689df8/interactive-content-juego-que-sobra
Comentarios
Publicar un comentario