Benvidos/as a todos/as a este blog !!! Nos somos o grupo D e estudamos Educación Infantil na USC: Diana Boquete Gigirey, Brais Boente Gómez e Lidia Brión Río. A función deste blog e saber manexar a páxina e tamen ofrecervos recursos, ideas e reflexións sobre os diversos contidos da asingatura de procesos de mellora e uso das TIC.
Esperemos que vos guste o noso blog e que nos deixedes algún comentario.
Recursos dixitais para as crianzas
Obtener enlace
Facebook
X
Pinterest
Correo electrónico
Otras aplicaciones
-
Benvidos/as un día máis ao noso edublog.
Hoxe traemosvos dúas actividades moi interesantes que podedes levar a cabo cos vosos nenos e nenas e que desexamos que vos gusten moito!
Videoconto
Unha das actividades que vos traemos hoxe é un videconto baseado no conto Maruxa, de Eva Mejuto e Mafalda Milhões. É un conto moi interesasnte e entretido e, ademais, permítenos realizar unha reflexión moi importante ao rematalo, xa que fomenta o traballo cooperativo. Como veredes está presentado e dramatizado por nós.
Esperemos que vos guste!
Videtutorial
A outra actividade que vos deixamos hoxe é un videotutorial científico no que traballamos co magnetismo e amosamos varias actividades que levamos a cabo. Comezamos facendo unha breve explicación sobre que é o magnetismo e que son os obxectos magnéticos e non magnéticos; para asentar estes coñcementos levamos a cabo a primeira actividade que poderedes ver no vídeo. Logo, falamos sober os polos que teñen os imán e propoñemos a segunda actividade. Para rematar, facemos un breve repaso sobre todo o explicado e aprendido ao longo do video e levamos a cabo unha actividade moi divertida para pechar esta sesión sobre o magnetismo.
Deixamosvos o vídeo a continuación e animamosvos a que realicedes as diferentes actividades cos vosos pequechos e pequechas.
Unha vez rematado o visionado dos vídeos e das actividades agradeceríamosvos que nos deixasedes algún comentario coas vosas opinións, xa que estamos seguros e seguras de que nos axudarán a mellorar.
Privacidade, sharenting e dereito ao olvido son tres términos moi importantes que debemos ter claros, tanto o seu significado como o seu control. Para isto é necesario ofertar unha educación dixital, que consiste na educación para saber utilizar as tecnoloxías e adquirir competencias e habilidades para aprender a aprender, tanto os mestres e metras como os/as estudantes. Inclúe o producto, como acto educativo, e non só como medio técnico. Debemos ofrecer unha educación dixital nos centros e tamen ás familias para poder previr riscos e danos que poden vir da man das tecnoloxías e, neste caso, falaríamos dos tres conceptos mencionados ao principio. En primeiro lugar temos que deixar claro que é a privacidade, e que é moi importante. Non debemos colgar todo nas redes nin publicar por completo a nosa vida; así podemos falar tamen do concepto de extimidade, que consiste en amosar todo o que facemos durante o noso día a día (cando me lavo os dentes, cando vou comer e que como, et...
Benvidos/as a nativos dixitais, aqui tedes a nosa primeira entrada do blog !! Hoxe comezamos falando dos edublogs para que sepades un pouco mais deles, esperamos que vos sexa de interese. Que é un blog? E un edublog? Antes de adentrarnos por completo no noso edublog consideramos que é necesario saber que é un blog e, concretamente, un edublog, que ferramentas podemos empregar para crealo ou que usos lle podemos dar. Para comezar, un blog é un formato de publicación web que se actualiza periódicamente e no que se recopilan cronolóxicamente textos ou artículos dun ou varios autores. Podemos dicir, polo tanto, que un blog é un sitio web persoal ou colectivo que simplifica e facilita a publicación de contidos en Internet. Un edublog, pola súa banda, é un espazo que nos axuda a achegarnos á realidade educativa do seu día a día. O edublog dunha escola vainos a permitir coñecer unha gran cantidade de ideas, de valores, de intencións e actuacións que parten dos propios equipos...
Benvidos/as un día máis ao noso blog. Hoxe vimos a traervos alguns exemplos para facer nunha PDI, coas vosas crianzas. Esperamos que vos sirvan de axuda. Nesta imaxe podedes ver o exemplo dunha PDI e como estan as crianzas utilizandoas. Rutinas para a PDI Para comezar amosaremosvos unha serie de actividades deseñadas para incorporar ás rutinas da aula. 1. Cando os nosos nenos e nenas cheguen á aula pola mañá, poñerémoslles a nosa canción rutineira na PDI que podedes ver a continuación facendo clic sobre o vídeo. Ademais unha boa idea é grabar a canción con eles e así expoñelo na aula. 2. Para continuar, veremos a quen lle tocará ser o encargado/a hoxe e este colocará o gomet laranxa na súa casilla arrastrándoo co lapis da PDI. Así, sabremos a quen lle tocará ser o encargado/a xa que será a primiera casilla sen gomet. 3. Unha vez que xa temos un encargado/a para o día de hoxe, tocará pasar lista. Farémolo da...
Comentarios
Publicar un comentario