Entradas

Recursos dixitais para as crianzas

Imagen
Benvidos/as un día máis ao noso edublog.  Hoxe traemosvos dúas actividades moi interesantes que podedes levar a cabo cos vosos nenos e nenas e que desexamos que vos gusten moito!    Videoconto Unha das actividades que vos traemos hoxe é un videconto baseado no conto Maruxa , de Eva Mejuto e Mafalda Milhões. É un conto moi interesasnte e entretido e, ademais, permítenos realizar unha reflexión moi importante ao rematalo, xa que fomenta o traballo cooperativo. Como veredes está presentado e dramatizado por nós.  Esperemos que vos guste! Videtutorial A outra actividade que vos deixamos hoxe é un videotutorial científico no que traballamos co magnetismo e amosamos varias actividades que levamos a cabo. Comezamos facendo unha breve explicación sobre que é o magnetismo e que son os obxectos magnéticos e non magnéticos; para asentar estes coñcementos levamos a cabo a primeira actividade que poderedes ver no vídeo. Logo, falamos sober os polos que teñen os imán e propoñemos ...

Gamificación

Boas de novo!   O apartado de hoxe adicarémolo a falar da gamificación, unha tendencia que actualmante está moi en voga. Comezaremos ofrecéndovos unha breve explicación sobre que é a gamificación, continuaremos vendo as vantaxes que ten e as mecánicas que podemos empregar, para rematar deixarémosvos unha actividade de gamificación que nós mesmo deseñamos coa súa correspondente explicación.   Que é a gamificación? Comezaremos entón dando unha breve explicación. Existen diferentes formas de definir a gamificación, Werbach e Hunter concretamente, defínena como o emprego de elementos dos xogos e técnicas do deseño de xogos en con t extos que non son de xogos.    Para comprendelo mellor debemos saber que é un xogo. Este, segundo a definición que ofrece Borrás, consiste nunha estrutura pechada que contén un sistema explícito de regras que lles serven de guía aos participantes para chegar á meta e acadar un resultado concreto, ademais está illado do mundo real.   ...

Actividades PDI

Imagen
Benvidos/as un día máis ao noso blog. Hoxe vimos a traervos alguns exemplos para facer nunha PDI, coas vosas crianzas. Esperamos que vos sirvan de axuda. Nesta imaxe podedes ver o exemplo dunha PDI e como estan as crianzas utilizandoas. Rutinas para a PDI Para comezar amosaremosvos unha serie de actividades deseñadas para incorporar ás rutinas da aula.      1. Cando os nosos nenos e nenas cheguen á aula pola mañá, poñerémoslles a nosa canción rutineira na PDI que podedes ver a continuación facendo clic sobre o vídeo. Ademais unha boa idea é grabar a canción con eles e así expoñelo na aula.        2. Para continuar, veremos a quen lle tocará ser o encargado/a hoxe e este colocará o gomet laranxa na súa casilla arrastrándoo co lapis da PDI. Así, sabremos a quen lle tocará ser o encargado/a xa que será a primiera casilla sen gomet.          3. Unha vez que xa temos un encargado/a para o día de hoxe, tocará pasar lista. Farémolo da...