Realidade aumentada
Nesta nova entrada vimos a traervos información sobre a realidade aumentada que nestos últimos anos está tendo moita relevancia na educación. Comezaremos cunha breve explicación sobre a realidade aumentada, continuaremos vendo algunhas ferramentas que podemos empregar e para rematar deixaremosvos dous proxectos que encontramos na rede no que se traballa coa realidade aumentada.
Que é a realidade aumentada?
Segundo Javier J. Maquillón Sánchez, Ana Belén Mirete Ruíz e Marina Avilés Olmos (2017), a realidade aumentada (RA) :
É unha das dez tecnoloxías en desenvolvemento con maior potencial pedagóxico dende 2008. Este término comprende a ampliación artificial da percepción da realidade, por medio de información virtual. Dita información virtual é xerada con técnicas asistida por ordenador e representada mediante os compoñentes tecnolóxicos específicos. Esta pode abordar todos os sentidos humanos da percepción, sen embargo a variación de RA máis extendida comúnmente é a representación de información virtual visual añadida ao entorno real.
E segundo Carlos Prendes Espinosa (2015): "A Realidade Aumentada, a partir de agora RA, é unha tecnoloxía que superpon a unha imaxe real obtida a través dunha pantalla imáxenes, modelos 3D ou outro tipo de informacións xeradas por ordenador".
Que ferramentas podemos empregar?
Esta tecnoloxía pode levarse a cabo a través de varias aplicacións, algunha delas son:
Chromville. É unha aplicación de realidade aumetada que facilita que as crianzas aprendan e afiancen os contidos traballados nas distintas áreas. Une aprendizaxe con diversión, fomentando a creatividade e aumentando a motivación do alumnado.
Enseñapp. Unha aplicación para disporitivos móviles, basada no uso da realidade aumnetada consistente nun sencillo xogo educativo de preguntas e respostas, para nenos e nenas de entre 6 e 9 anos.As respostas as preguntas son os marcadores que fan fluír a RA, mostrando o seu conxunto, personaxes en 3D,... en definitiva, facendo o aprendizaxe fácil e divertido.
Algúns proxectos
Encontramos varios proxectos educativos onde utilizan a realidade aumentada dunha forma moi divertida para aprender, deixamovolos a continuación:
- Neste primeiro proxecto podemos ver como unha mestra utiliza a realidade aumentada para traballar coas crianzas, este ten por título El fondo del mar. Esta actividade consiste en que as crianzas pinten uns debuxos que a súa mestra lle proporcionou sobre a vida marina. Despois de que as crianzas pintaran os debuxos, empregaron a aplicación de "Chromville" para que as imaxes "nadaran". Aquí vos deixamos o proxecto para que lle botedes unha ollada: http://teresarubia.blogspot.com/2015/03/el-fondo-del-mar-en-realidad-aumentada.html
- Neste segundo proxecto a mestra utilizou o tema dos ósos para traballalo dende a realizade aumentada. As crianzas preguntábanse como eran, onde estaban, etc. E despois de traballar o tema dende distintos rincóns decidiron traballalo dende o rincón das TIC, onde un dos nenos ou nenas tiñase que situar enfrente da tablet, apoiado na parede e as demais crianzas mirar para a PDI, así todos e todas viron como era o esqueleto humano. E aquí vos deixamos o enlace para lle botedes unha ollada: https://lospequesdemicole.blogspot.com/2020/02/el-esqueleto-en-los-diferentes-rincones.html
Referencias bibliográficas:
https://revistas.um.es/reifop/article/view/290971
Prendes Espinosa, C. (2015). Realidad aumentada y educación: análisis de experiencias prácticas. Pixel-bit. Revista de medios y comunicación.(46),187-203.
https://idus.us.es/handle/11441/45413

Comentarios
Publicar un comentario