OS EDUBLOGS

Benvidos/as a nativos dixitais, aqui tedes a nosa primeira entrada do blog !! Hoxe comezamos falando dos edublogs para que sepades un pouco mais deles, esperamos que vos sexa de interese. 

Que é un blog? E un edublog?

Antes de adentrarnos por completo no noso edublog consideramos que é necesario saber que é un blog e, concretamente, un edublog, que ferramentas podemos empregar para crealo ou que usos lle podemos dar. 

Para comezar, un blog é un formato de publicación web que se actualiza periódicamente e no que se recopilan cronolóxicamente textos ou artículos dun ou varios autores. Podemos dicir, polo tanto, que un blog é un sitio web persoal ou colectivo que simplifica e facilita a publicación de contidos en Internet. 

Un edublog, pola súa banda, é un espazo que nos axuda a achegarnos á realidade educativa do seu día a día. O edublog dunha escola vainos a permitir coñecer unha gran cantidade de ideas, de valores, de intencións e actuacións que parten dos propios equipos e que nos permiten ir construíndo unha proposta global e colectiva na búsqeuda dunha identidade común. Ademais, este recurso debe ser motivo dunha reflexión, avaliación conxunta, continua e aberta sempre a mellorar.

Pero... Que ferramentas podemos empregar para crear un blog?

Ben, pois para crear un blog temos a nosa disposición unha gran cantidade de ferramentas e plataformas, todas moi variadas e diferentes en función do uso que lle daremos ao noso blog. Nós aconsellamos, en concreto, empregar as seguintes:

- Blogger

 Blogger é un servizo que permite crear e publicar unha bitácora en liña. Para publicar contidos o usuario non ten que escribir ningún código ou instalar programas.

- WordPress

WordPress é un sistema de xestión de contidos, enfocado á creación de calqeura páxina web. Sen embargo, alcanzou unha gran popularidade na creación de blogs.


- Wix

Esta é unha plataforma para o desenvolvemento web baseada na nube. Permite aos usuarios crear espazos web e espazos móbiles a través do uso de ferramentas de arrastrar e soltar en liña.

- Jimdo

 Jimdo é unha plataforma para crear páxinas web en liña e conta cun propio distema de xestión de contido. Conta cun sistema modular para introducir bloques de contidos e construír a propia páxina.

Que usos lle podemos dar a un edublog?

Agora que xa sabemos que é un edublog e que ferramentas podemos empregar para crealo, imos ver que usos lle podemos dar.

Os usos que lle podemos dar aos blogs, ao igual que as ferramentas para cralos, son moi diversos e se nos centramos concretamente en Educación Infantil podemos empregalos de diferente maneira e con diferentes propósitos. A continuación amosamos algúns exemplos de blogs de Escolas de Educación Infantil.

Por exemplo, o Blog do Equipo de Atención Educativa das Escolas Infantís xestionadas polo Consorcio Galego de Igualdade e Benestar emprega o blog co propósito de crear un recurso para todos e todas as profesionais da rede, a través deste, difundan experiencias interesantes que se desenvolven no conxunto das Escolas Infantís e, fundamentalmente, establecen un punto de encontro para reflexionar sobre a educación infantil, neste caso de 0 a 3 anos, co obxetivo de dinamizar social e culturalmente a comunidade na que estamos inmersos. 

Outro exemplo é o blog da Escola Infantil de Vigo Valadares, este púxose en marcha co obxectivo de que servise como ferramenta para comunicarse coas familias dos nenos e nenas e que, así, poidan contextualizar e explicar as diferentes actuacións da escola. 

Pola súa banda, na Escola Infantil de Tui, o blog emprégase para amosar o traballo que se desenvolve diariamente na escola e para que, ademais, as familias dos nenos e nenas poidan ten unha idea da escola, compartir con eles reflexións e propostas de mellora coa comunidade educativa, xerar medios de información que complementen o contacto diario, as axendas, as circulares, os tablóns de información, etc. Ademais, tamén empregan o blog para favorecer o traballo na rede, realizar comentarios sobre publicacións de interese noutros blogs, por exemplo.

Como será o noso edublog?

Despois de ver como, as distintas escolas, utilizan o edublog podemos decir que nós o incorporaríamos ó aula para, por exemplo, ir subindo as actividades, saídas, festas, fotos, etc. que imos facendo na nosa escola para que esté ao alcance da nosa comunidade. Tamen poderiamos subir algunha reflexión ou algunhas anécdotas que teñamos coas crianzas. 

A este blog tamén lle poderíamos engadir unha sección para as familias que nos permitise realizar algún proxecto conxunto. Outro aspecto moi importante para nós é que as familias dos nosos nenos e nenas nos deixen commentarios sobre on que imos subindo e así poder coñecer a súa opinión e ter un maior feedback. 

Desta maneira podemos dicir que a nosa intención é que o blog sexa o máis completo posible. 


Referencias bibliográficas

de Atención Educativa, E. (2013). Blogs de la Red de Escuelas Infantiles de Galicia A Galiña Azul. RELAdEI. Revista Latinoamericana de Educación Infantil, 265-272. 

Martínez, A. & Hermosilla, J. M. (2011). El blog como herramienta didáctica en el espacio europeo de educación superior. Revista de Medios y Educación, (38), 165-175.

Comentarios

Entradas populares de este blog

“Privacidade, sharenting e dereito ao olvido”

Actividades PDI