“Privacidade, sharenting e dereito ao olvido”
Privacidade, sharenting e dereito ao olvido son tres términos moi importantes que debemos ter claros, tanto o seu significado como o seu control.
En primeiro lugar temos que deixar claro que é a privacidade, e que é moi importante. Non debemos colgar todo nas redes nin publicar por completo a nosa vida; así podemos falar tamen do concepto de extimidade, que consiste en amosar todo o que facemos durante o noso día a día (cando me lavo os dentes, cando vou comer e que como, etc.).
Tamén é importante deixar claro ás familias o concepto de sharenting, que fai referencia a cando compartimos noticias, vídeos, fotos das crianzas,... Esto esta prohibido pero as familias segueno facendo. Por esta razón debemos educar ás familias na tecnoloxía, no que poden ou deben facer e o que non.
E por último podemos falar do término de "dereito ao olvido", este término fai referencia a ese dereito, que temos as persoas, para eliminar, ocultar e cancelar aquelas informacións ou feitos pasados. Tanto as familias como as crianzas deben ter claro que aínda que teñamos o dereito a borrar e olvidar esas informacións que nalgún momento colgamos na rede, o mellor que podemos facer é non subilas nunca. Desta maneira é moi importante que sexamos conscientes en todo momento do que podemos publicar, evitando o posterior arrepentimento, e do que no deberíamos publicar.
Por estas razóns a educación dixital é fundamental, xa os nenos e nenas terá a oportunidade de adquirir as ferramentas e os coñecementos necesarios para seleccionar os recursos e así facer un bo uso das tecnoloxías e asi evitar tanto riscos como os posibles danos, tanto as crianzas como as familias.

Comentarios
Publicar un comentario