Actividades PDI


Benvidos/as un día máis ao noso blog. Hoxe vimos a traervos alguns exemplos para facer nunha PDI, coas vosas crianzas. Esperamos que vos sirvan de axuda.

Nesta imaxe podedes ver o exemplo dunha PDI e como estan as crianzas utilizandoas.



Rutinas para a PDI

Para comezar amosaremosvos unha serie de actividades deseñadas para incorporar ás rutinas da aula.
    1. Cando os nosos nenos e nenas cheguen á aula pola mañá, poñerémoslles a nosa canción rutineira na PDI que podedes ver a continuación facendo clic sobre o vídeo. Ademais unha boa idea é grabar a canción con eles e así expoñelo na aula.


 

    2. Para continuar, veremos a quen lle tocará ser o encargado/a hoxe e este colocará o gomet laranxa na súa casilla arrastrándoo co lapis da PDI. Así, sabremos a quen lle tocará ser o encargado/a xa que será a primiera casilla sen gomet.

 

 

    3. Unha vez que xa temos un encargado/a para o día de hoxe, tocará pasar lista. Farémolo da seguinte maneira, como podedes ver temos unha escola con 10 fiestras baleiras, e ao carón unha fotografía da cara de cada neno e cada nena da nosa aula. Así, o encargado/a terá que arrastrar as fotografías de cada neno e cada nena cára as fiestras da escola. Desta maneira poderemos ver quenes estamos na clase.
 
 
4. Agora que xa sabemos quenes estamos na clase, teremos que ver que compañeiros ou compañeiras quedaron na casa. Para isto poderemos ver na pantalla dixital unha casiña con fiestras abertas, nelas o encargado terá que colocar as fotografías dos nenos e nenas que non están na aula e que, polo tanto, quedaron na casa. 
 

     

   5. Para seguir avanzando nas rutinas o que teremos que facer agora será arrastrar cara o oco do centro o día que é hoxe, no primeiro oco que día foi onte e no último oco cal será mañá. Ademais, para facelo máis interactivo deixaremos que as crianzas escriban o día que é hoxe. Na mesma liña, terán que arrastrar cara o oco de cor azul o mes no que estamos e terán tamén que escribilo no oco branco.

 



    6. Continuando coas actividades rutineiras, que terán que facer agora os nenos e nenas é mirar pola fiestra da aula e observar o tempo que fai, en función do que vexan terán que arrastar cara o oco azul o tempo que fai no día de hoxe. 

    
    7. Tamen podemos poñer as actividades que faremos no día de hoxe para que os nenos e nenas teñan unha pequena idea de como se irá desenvolvendo a mañá. 

    

   
    8. Unha vez rematada a mañá, antes de marchar para a casa, proxectaremos na pantalla una táboa coas actividades que realizamos ao longo da maña e tres caras (unha de cor vermella e sorrindo, outra de cor amarela e non moi contenta e outra de cor vermella e enfadada). O que terán que facer os nenos e nenas será avaliar con estas caras as diferentes actividades que realizaron. 


E ata aquí o contido de hoxe. Esperamos que vos gustase moito e que vos fose enriquecedor. 
Vemonos proximamente!


Comentarios

Entradas populares de este blog

“Privacidade, sharenting e dereito ao olvido”

OS EDUBLOGS