Actividade voluntaria

Boas un día máis a todos e a todas!

Hoxe vimos a traervos unha nova actividade sobre a realidade aumentada, xa que anteriormente falamos dela e ensinamosvos alguns proxectos, agora vimos a facer nós un.

Para este proxecto decidimos poñer de temática do corpo humano, para ver como son os ósos, os músculos e os órganos, e tamén que sexan capaces de recoñecelos. Para iso primeiro falaremos de que é o corpo humano, e de que está composto, farémolo ampregando a PDI. Proxectaremos varias imaxes a medida que lles imos explicando:



Comezaremos ensinándolle estos 4 corpos humanos, e pedirémoslles que nos digan o que ven.

En dous dos bonecos podemos vero corpo que vemos en todos e todas nós, e nos outros dous vemos o esqueleto e os órganos. 

 

 

 

A continuación poñerémoslle a canción do corpo humano, para animalos e ir coñecendo un pouco máis as partes do corpo. Podedes acceder a esta escanenado o código QR ou premendo na aligazón que se atopa debaixo deste último.


 
 

Na seguinte diapositiva imos a falar máis concretamente dos ósos. Proxectarémoslles o esqueleto no corpo de cada crianza e falaremos dos ósos que este ten, por exemplo, do fémur, peroné, etc. Despois disto poñerémoslles unha canción sobre os ósos que poderemos ver escanéando este código QR ou premendo sobre a ligazón que se atopa debaixo deste último.



Despois adentrarémonos a falar dos órganos do corpo e aquí volveremos a repetir a escea de arriba proxectando os órganos no corpo das crianzas. Pero antes queremos que as crianzas nos comenten cales coñecen e que nos falen tamen un pouco das súas funcións, e despois iremos falando de cada un deles, do corazón, dos pulmóns, etc.

E para rematar construiremos o corpo humano, poñendo o estómago no seu sitio, o corazón e os pulmóns. Despois tamen coloremos os brazos, as pernas, a cabeza e o tronco.

E desta forma aprendemos o corpo humano dunha forma mais divertida e utilizando a PDI e a realidade aumentada.

 

Esperemos que vos gustase moito a nosa proposta!

Moitas grazas pola vosa atención unha vez máis e ata outra!

Comentarios

Entradas populares de este blog

“Privacidade, sharenting e dereito ao olvido”

OS EDUBLOGS

Actividades PDI